[CEL-Coruña] Comunicado sobre a represión estatal

carcelA medida que crecen as desigualdades e os ataques da burguesía contra a clase traballadora, aumenta a represión do Estado. As detencións de activistas e as cargas policiais suceden cada semana co obxetivo de que cunda o medo, desmovilizar e criminalizar.

O ‘Comando Insurrecionalista Mateo Morral’ coas bombas na Catedral da Almudena e na Basílica do Pilar de Zaragoza xunto con comunicados repletos de estereotipos e sen ningunha análise da conxuntura e falta de probas; o caso dos 5 anarquistas de Barcelona, xa en libertade despois de máis de 100 días en réximen FIES por ‘pertenza a grupo terrorista, enaltecemento do terrorismo, captación e adoctrinamento e depósito de substancias explosivas’ aos que lles incautaron bandeiras e camisetas con iconografía anarquista, libros de filosofía libertaria, gasolina no garaxe, parafusos de diversas clases, tracas valencianas e cohetes de comercialización legal; o de Alfon, detido o 14N en Vallecas e en libertade despois de 40 días en FIES acusado de pertenza de explosivos ainda que estes non tiveran as súas pegadas dixitáis; a detención de 19 persoas en Madrid ás que se lles imputa ‘lesións, danos e delitos contra o exercicio dos dereitos fundamentais e libertades, con agravante de odio’ polo suposto asalto á sede Foro Francisco de Victoria na facultade de Dereito da Complutense o 20 de novembro e a carga policial e a posterior detención de 11 compañeiros na concentración que se fixo en Moratalaz en solidariedade; ou o arresto en Sevilla de 7 compañeiros por participar nunha contramanifestación contra a organización Respuesta Estudiantil son algúns exemplos da represión que se está a vivir. Todo isto é mostrado polos medios burgueses terxiversando, censurando e manipulando.

A isto súmase o anteproxecto da coñecida como ‘Lei Mordaza’, a cal endurece os castigos co único fin de meter medo á clase traballadora agora que aumenta a raiba e comeza a organizarse. Faise moi importante esta organizón xa que así somos máis fortes e é máis dificil derrubarnos.

POR TODOS ESTES MOTIVOS CHAMAMOS Á SOLIDARIEDADE, Á COMBATIVIDADE E A SEGUIR ADIANTE NA LOITA POLO QUE É NOSO.

NON A REPRESIÓN! LIBERTADE PRESXS POLÍTICXS!

¡Haz clic para puntuar esta entrada!
(Votos: 0 Promedio: 0)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio